Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Farándula Velutina presenta a súa nova obra baseada nun libro de Fernando Castro Paredes

 

 

 

Animais de Compania Teatro Farandula Velutina
Farándula Velutina presenta a súa nova obra baseada nun libro de Fernando Castro Paredes

Este venres 10 de maio, Farándula Velutina estrea obra. A compañía teatrao corcubionesa presenta Animais de Compañía, dirixida por Marina Gómez e Fernando Castro Paredes, e baseada nunha obra do propio mestre ceense. De feito, a cita irá da man da presentación da obra homómica do premiado escritor.

Na cita deste venres, ás 20:00h no renacido Casino de Corcubión, a peza teatral será interpretada pola compañía de teatro Farándula Velutina, baixo a dirección do autor, Fernando Castro Paredes que tamén contou coa colaboración na dirección de Marina Gómez Pose. O elenco de actores e actrices estará formado por Elisa Lema Gómez, Cristina Martínez Rojas, Ariadna Castro Arasme, Vanessa Costa Pequeño, Andrea Rodríguez Trillo e Efrén Arteaga Vázquez.

O acto comezará cunha breve presentación do libro Animais de compañía, da man do propio autor e director, Fernando Castro, e polas actrices Elisa Lema Gómez e Vanessa Costa Pequeño que, a modo de entrevista, avanzarán sobre o contido da obra e a necesidade de mostrar a realidade da lacra da violencia de xénero.

Máis novas

Comentarios