Corcubión continúa este sábado co Circuito de Teatro Galego Afeccionado cunha cita familiar
Farándula Velutina continúa coas presentacións do II Circuito de Teatro Galego Afeccionado 2024 de FEGATEA coa colaboración do Concello de Corcubión. Catro pezas de teatro que poderán disfrutarse os próximos meses na vila de San Marcos.
Este sábado 12 de outubro as 19h, a Casada Cultura de Corcubión acolle obra “Contos clásicos de tía Carolina” unha peza da compañía de Arteixo Paso de Valverde.
Unha peza de teatro familiar, un espectáculo de sombras no que Mina e Xacobe, dous nenos que viviron na mesma aldea escoitando os contos da tía Carolina, regresan trala súa morte para lembrar algunhas das historias que a sua tía acostumaba a contar: Carapuchiña vermella, Hansel e Gretel.
O circuito presentará dúas pezas máis programadas para o 26 de outubro e o 16 de novembro, data na que será Farándula Velutina a que ocupará o escenario da Casa da Cultura.
Máis novas