Brens rescata a mítica obra Bicos con Lingua
09:54 10/10/24
Pode ser unha das obras máis importantes da historia do teatro da Costa da Morte. Polo menos unha das máis representadas. Achegándose ao milleiro de representación, Toño Casais e Artur Trillo sacan de novo os seus “Bicos con Lingua”, para levala este sábado 12 de outubro á Casa da Cultura de Brens.
A ASC Brens rescata esta obra atemporal, estreada nada menos que en 2003 que fala da nosa lingua que de seguro será un perfecto toque de atención para as crianzas de Brens. As vindeiras citas poderían ser as obras que completan a triloxía, Pelos con Lingua e a Palabra do Angazo.