Corcubión estrea polo 8M o gran canto colectivo, reivindicativo e interxeracional

As Mulleres cantando ao mar de Corcubión no marco do "Grita Galega, Canta"

Unha das máis fermosas actividades arredor do Día da Muller estase desenvolvendo, dende hai meses, en Corcubión. O pasado mes de novembro, no marco do 25N, as mulleres da vila de San Marcos entoaban, e gravaban, o comprometido tema "Grita Galega, Canta", un gran canto colectivo, reivindicativo e interxeracional. Un proxecto coordinado pola ex concelleira María Bella, liderado pola artista internacional Cecilia Barriga, e coordinado tamén por Gema Román (como directora musical do coro) e Lucía Aldao (a artista herculina que traduciu e adaptación da canción orixinal italiana).

O proxectro, esta "mani-festa-accion a través dun coro de voces interxeracional protagonizado por unha morea de mulleres" transfórmase en peza audiovisual, para converterse nunha ferramenta de acción compartida para reivindicar o noso lugar no mundo desde as nosas propias formas.

Esta peza proxectarase este sábado 8 de marzo como primicia é o resultado do proceso de traballo proposto desde a concellería no marco das accións do 25N. O acto comezará ás 17:30h nos Xardíns do Concello, se o tempo o permite, para despois proxectar o vídeo na Capela do Pilar a partir das 19:00h

Velada musiqueira

A continuación tocará e cantará a “poeta oral” Lucía Aldao, a que tamén foi colaboradora do proceso, tocará coa súa banda herculina PAVA.
De seguido a banda punk corubionesa Susto que Flipas formada por Andrea, Carmela, Angela e Raquel, que compartirán cantando o presente da súa xeración de mulleres cunha liberdade talentosa que cautiva ata ás xeracións máis vellas.

Máis 8M

O martes 11 continúa o programa adicado ao 8M neste caso salientando a defensa pola paz que sempre esta no reclamo dos movementos feministas e hoxe é tan urxente. Ás 12h representarase na Casa da Cultura “A Teteira de Kabul” unha obra de teatro de obxectos e monicreque de Xarope Tulú que fala xustamente do valor da paz. A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas é unha coproducion de Xarope Tulú coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz. A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. Á obra acudirá o alumnado do CEIP Praia de Quenxe e o pase estará aberto a todo o público.

O sábado 15 terá lugar a segunda andaina para “sementar a igualdade”, unha iniciativa que xurde desde o CIM (Centro de Información á Muller) ao que pertencen o concello de Fisterra, Cee e Corcubión. Trátase de unirse camiñando para visibilizar a necesidade de seguir a defender a igualdade real entre homes e mulleres.  Para inscribirse ou recibir máis información, acudir ao Concello ou chamando ao teléfono 981745400.

Chegamos ao final do mes de marzo  e pechan cunha presentación de libro dentro do programa mensual da biblioteca o venres 28 ás 19.00h.  Da man da súa autora Pilar García Negro acompañada da Concelleira Pilar Tubío Lariño, presentarán o libro O Clamor da  Rebeldía, Rosalía de Castro: Ensaio e Feminismo. 

Máis novas