As mulleres de Corcubión entoaron o "Grita, Galega, Canta"
Culminouse onte en Corcubión, e na Coruña, un dos proxectos máis fermosos dos últimos anos realizados na Costa da Morte arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A de onte foi unha das últimas accións (falta ver aínda o resultado en vídeo gravado pola artista chilena Cecilia Barriga) da campaña “Grita Galega Canta”, que nace no marco do proxecto “Onde me leve o nome”, que Cecilia arrincou en Roma e hoxe en día se expón no Museo do Romanticismo de Madrid. “Un xeito de unir mulleres de diferentes realidades que cantan e berran xuntas fronte as violencias”, explica María Bella, responsable da Concellería de Cultura, Benestar, Muller e Igualdade do Concello de Corcubión e armandanzas da versión galega do proxecto.
Un proxecto que arrincaba o 15 de outubro, coincidindo co Día Internacional da Muller Rural, realizándose ademais varios ensaios gravados como o celebrado no Cárcere Vello para que Cecilia prepare unha peza audiovisual de gran impacto.
A acción deste 25N comezaba nos xardíns da Casa do Concello de Corcubión, despois dun ensaio no Salón de Plenos, coa presenza de moitas das mulleres que levan participando en todo o proceso, da man de Gema Román (como directora musical do coro) e Lucía Aldao (a artista herculina que traduciu e adaptación da canción orixinal italiana). Ademais de Barriga, tamén houbo unha Cecilia, unha muller que participou no comezo do proxecto e Roma.
Comezou a concelleira comezou agradecendo a participación das mulleres en toda a iniciativa, dando paso tamén a deputada Soledad Agra, que fixo un discurso institucional moi emotivo, e agradeceu o compromiso de todas estas mulleres.
Despois do minuto de silencio, comezou o simbólico canto do “Grita, galega, canta”, realizado nos Xardíns, pero tamén ao carón do mar, despois dunha caminata ata o mar, onde se volveu realizar un novo berro.
Culminábase a xornada na Coruña, onde varias das mulleres corcubionesas se unían ao tremendo canto colectivo realizado diante do Tribunal de Xustiza de Galicia.
Quedamos á expectativa de ver o resultado da peza galega que vai crear a artista chilena.
Máis novas do proxecto
Máis novas do 25N