Corcubión invita aos veciños a participar nun pleno polo Partido Xudicial
O próximo martes 29 de abril ás 11:30h o Concello de Corcubión convocou un pleno extraordinario co obxetivo de aprobar unha moción instando, a todas as administracions implicadas, a manter o partido xudicial de Corcubión. Un pleno ao que dende o Concello invitan aos veciños a apoiar esta reivindicación, para deixar claro que é unah decisión que afecta á veciñanza.
Ademais, o mesmo martes despois do pleno, está convocada unha reunión co resto de alcaldes do partido xudicial para implicar a todos os Concellos da bisbarra, xa que entenden que este servizo é esencial para toda a Costa da Morte.
O BNG apoiará
O BNG de Corcubión quere amosar tamén "o seu total rexeitamento a unha proposta de reforma da xustiza que está a provocar unha grande alarma social e as críticas de xuíces, avogados, profesionais do ámbito da xustiza, organizacións políticas e sociais por un modelo que suporía a eliminación de todos os partidos xudiciais".
O BNG pediu en Outubro do pasado ano por medio dunha proposición non de lei no Congreso dos Deputados a retirada da proposta de modificación da Demarcación de Planta que propón a supresión de todos os partidos xudiciais, e concentrar as sedes nas capitais de provincia, proposta que o PP impediu que se aprobase.
Do mesmo xeito, ao igual que se fixo no resto dos concellos, o BNG de Corcubión presentou en Xuño do pasado ano unha moción para pedir a retirada desta lei tan lesiva para os e as cidadáns. Cabe dicir que unha vez máis o PP votou en contra.
Aproveitaron na visita á zona os membros do BNG para denunciar que "Corcubión está sendo especialmente castigado nos últimos anos, xa que a medidas como a da supresión dos xulgados xúntanse outras como a eliminación que está facendo o goberno de unha maneira sibilina e polas costas do Centro de Atención da Seguridade Social (CAISS) denunciada polos propios traballadores e traballadoras, e que podería levar nun futuro a tamén desaparición das oficinas da Tesourería da Seguridade Social".
Novas relacionadas
- 28-04-14: Os alcaldes populares de Bergantiños confían en manter o Partido Xudicial en Carballo.
- 23-04-14: Carballo e Corcubión, sen Muros, lideran a loita contra o desmantelamento dos Partidos Xudiciais.
- 14-04-14: Gobernos e oposicións de Corcubión e Carballo érguense polos Partidos Xudiciais.
- 14-02-12: Muros tamén rexeita a supresión do seu partido xudicial.
- 11-05-12: Unanimidade en Corcubión contra o desmantelamento do Partido Xudicial.
- 09-05-12: Corcubión ameaza coa mobilización polo desmantelamento do Partido Xudicial.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).