Venres. 29.03.2024
El tiempo

Gobernos e oposicións de Corcubión e Carballo érguense polos Partidos Xudiciais

Gobernos e oposicións de Corcubión e Carballo érguense polos Partidos Xudiciais
Esta imaxe pode verse nunha casa á entrada de Corcubión - Foto- Alex

Difícil é atopar un asunto que poña dacordo aos grupo do goberno e oposición, sobre todo en Corcubión. Pero o desmantelamento dos Partidos Xudiciais fai que a unanimidade sexa total en todo o rural do estado. O Goberno central vén de aprobar o anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX), unha auténtica revolución no mapa actual da organización xudicial en Galicia. A consecuencia máis directa desta centralización será que vilas como Carballo, Corcubión ou Muros, e mesmo Santiago e Ferrol (ata 45 en Galicia), quedarían sen Xulgados, alonxando, un pouco máis, a Xustiza do cidadán. Unha decisión que afectará moito a un país tan disperso coma o noso.

Dende o Goberno Municipal de Corcubión, o PSOE, ademais de amosar a súa total oposición á decisión, considera que “esta medida ademáis suporía un despilfarro de diñeiro público por abandoar edificios Xudiciais, coma o de Corcubión, recentemente reformados e ampliados, para saturar os xulgados da Coruña onde seguramente habería que investir millóns de euros para poder concentrar alí todos o sevizos xudiciais”.
O Grupo Municipal apostan “por una xustiza de proximidade, eficaz e moderna, propia dun Estado de dereito, que permita un acceso universal a toda a cidadanía”, e por iso presentaránunha moción “reclamando o apoio de todos os representantes políticos, do resto de Concellos do partido xudicial, dos sectores directamente afectados (avogados, procuradores, funcionarios…) e de toda a sociedade en xeral para rexeitar e evitar que se desmantele tan importante servizo para toda a nosa vila e a súa bisbarra”.

Unha moción que terá que ser apoiada plo BNG, que tamén quere manifestar a súa “oposición á supresión dos partidos xudiciais e denuncia a continua desaparición de servizos”. De feito,o BNG xa presentara en outubro do ano pasado unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados, pero o PP a rexeitou. E ademais, en xuño do 2013 presentou o BNG corcubionés unha moción na que o PP votou en contra pero foi aprobada.
Lembran a grande alarma social creada e “as críticas de xuíces, avogados, profesionais do ámbito da xustiza, organizacións políticas e sociais por un modelo que suporía a eliminación de todos os partidos xudiciais”.

Unanimidade en Carballo

Partidos xudicias en Carballo

Por Carballo, os voceiros de todos os grupos políticos da corporación carballesa mantiveron unha xuntanza e acordaron demandar nunha moción conxunta que se manteña o partido xudicial carballés fronte ao recollido no anteproxecto de lei do poder xudicial impulsado polo Ministerio de Xustiza.

Estiveron na reunión o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o voceiro do PP, Miguel Ferreiro; o voceiro de TEGA, Manuel Andrade; e o voceiro do PSOE, José Antonio Viña. Entre todos, acordaron presentar diante do pleno da corporación unha moción conxunta na que se solicitará a continuidade dos xulgados carballeses no mapa da planta xudicial da provincia. Así mesmo, acordouse facilitarlle a todos os grupos a moción aprobada por unanimidade na sesión plenaria celebrada en xuño de 2012.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios