Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcubión ameaza coa mobilización polo desmantelamento do Partido Xudicial

Corcubión ameaza coa mobilización polo desmantelamento do Partido Xudicial

Segue convulsionada a vila de Corcubión ante a ameaza da Xunta de recudir os partidos xudiciais do país. O novo recorte faría que dos 45 existentes na actualidade quedarían tan só 13, e por suposto, o da vila de San Marcos quedaría suprimido, e as dependencias terían que viaxar cara A Coruña, Noia ou Ribeira. Así e todo, aínda non está claro se a redución dos partidos xudiciais implicaría a supresión dos xulgados.

O goberno municipal corcubionés xa convocou un pleno extraordinario para mañá xoves 10 de maio ás 20:30 horas. Un pleno cun único punto do día: Someter á votación do pleno a defensa do mantemento do partido xudicial de Corcubión e instar á Xunta a apoiar esta demanda ante o Ministerio de Xustiza, rexeitando a proposta do C.G.P.J. de supresión de partidos xudiciais..

A hora do pleno chama a mobilización veciñal para amosar o apoio a esta demanda polas consecuencias que terían para Corcubión e toda a bisbarra a perda deste servizo básico.

Ameaza con mobilizacións

Logo da nota de prensa que o Concello enviaba a semana pasada, este pleno constitúe o seguinte paso dunha serie de medidas de presión que o goberno municipal pretende levar a cabo en vindeiras datas. E xa se prantexan convocar mobilización dos representantes públicos e sociais da zona, preguntas parlamentarias... para amosar o seu rexeitamento a esta proposta do C.G.P.J. de supresión de partidos xudiciais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios