Corcubión lembra o 50 aniversario do asasinato franquista de Moncho Reboiras
12 de agosto de 2025 (08:31 h.)
Este sábado 16 de agosto, Corcubión acolle un acto en homenaxe a Moncho Reboiras. O nacionalista asasinado a tiros polo exército franquista en 1975, será lembrando na rúa que leva o seu nome da man do Movemento Arredista e Iscal.
Haberá un recital poético con Antón Recamán, Álex López, Suso Bahamonde, Xaime Trillo, e intervencións de Begoña Barral, Merche Díaz ou Rafael Mouzo. Non faltará a música con As Vilaras e Eloi Fraga.