Tres programas da radiONeria, recoñecidos no II Festival de Podcast de Galicia

Pablo Álvarez e Rebeca Ayala gravando podcast Boomers a Conciencia

Celebrouse este pasado sábado en Fene o II Festival de Podcast en Fene. Organizado por Asociación de Emisoras Municipais Galegas (Emuga) en colaboración coa Deputacion da Coruña, a cita serve para poñer en valor o traballo realizado en Galicia na creación destes novos contidos radiofónicos dixitais. Un xeito de poñer en valor o traballo das radios municipais de proximidade, de participación de vertebración.

Unha das grandes triunfadoras da noite foi a radiONeria. A emisora municipal de Corcubión levou 3 premios no certame patrocinado pola empresa Deleite. Se ben o xurado -formado por expertos en comunicación, profesores universitarios e locutores de radio- escolleu “A ferida aberta no 36”, de Nuria López, como o Mellor Podcast, tres programas corcubioneses foron recoñecidos.

Por un lado, o programa “Boomers a conciencia”, de Pablo Álvarez e Rebeca Ayala, recibiu o Premio Especial elexido polo xurado. Un programa que aborda como a comunidade se moviliza para salvagardar espazos de encontro e cultura como o cinema dunha vila pequena.

 

O alcalde de Corcubión, Cabier Domínguez con Pepe Formoso recollendo o premio por Falar sen Cancelas

Tamén foi recoñecido como Mellor Host (anfitrión) Pepe Formoso, polo seu programa “Falar sen cancelas”. Formoso, coa axuda técnica de José Luís Louzán, presenta un programa de entrevistas completísimo, no que afonda na historia persoal de persoeiros ilustres, ou non tan recoñecidos, da nosa comarca.

Ademais, “O crime da orca vella”, de Marta Lado e a Escola de Teatro de Fisterra, foi premiado como mellor podcast de ficción sonora.

Intelixencia artificial costeira

Os profesores do IES Maximino Romero de Lema, nomeados como mellores mestres do estado, Óscar Rey e Fina Paulos deba ron sobre o tema “Intelixencia Ar ficial e Sociedade” incidindo na importancia de facer un uso responsable, crí co e humano da tecnoloxía. Moderou esta ac vidade a tamén docente Anxos Gacía Fonte.

Máis premios

O premio ao mellor guión recaeu no podcast “O Teleclube Romería”, de Elena Marín; o de mellor produción foi para “Sons de Compostela”, de Carlos Cabaleiro; “Onda Torrella”, de Fon Conce e Alicia Tizón (Radio Redondela) recibiu o galardón de mellor deseño sonoro, mentres que o mellor host levouno Pepe Formoso (Radio Neria) por “Falar sen cancelas”, destacando a súa habilidade para conectar e guiar á audiencia. O Colec vo Piruchela recibiu o premio ao mellor podcast conversacional por “Onda Piruchela”. “Entroido galego”, do IES Antón Losada, resultou elixido mellor podcast narra vo de non ficción; “A caixa negra da Nostromo”, de Fran Cela, Fer Liñares e Francisco Cortez, foi galardoado no apartado de humor; “Un café en Ames”, de Seu Bermúdez, no de mellor podcast feito por mulleres; “Antes de min”, de Carlos Sardiña foi premiado como mellor voz feminina e “Estrelados na estratosfera”, de Víctor Fernández e Iván Pensado, como mellor iden dade visual.