Os mestres do IES de Baio, Fina Paulos e Óscar Rey Calo, gañadores dos Premios Educa Abanca 2025
- "O importante é que se poña o foco na educación pública do rural galego", declara Óscar Rey Calo.
Conseguírono. Xa levan varios anos rondando a excelencia, os docentes Fina Paulos (Oleiros) e Óscar Rey Calo (Corme), ambos profesores do IES Maximino Romero de Lema de Baio, veñen de ser distinguidos nos Premios EDUCA ABANCA 2025, considerados entre os galardóns máis prestixiosos do ámbito educativo en España.
Fina Paulos Lareo foi premiada na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato, mentres que Óscar Manuel Rey Calo recibiu o recoñecemento en Formación Profesional, situando a este centro da Costa da Morte como un referente estatal en innovación pedagóxica e competencia dixital.
Este dobre recoñecemento nacional obtido por estes profesores sitúa a Baio e como exemplo de como a innovación educativa, a competencia dixital e o compromiso social poden florecer tamén dende contornas rurais, demostrando que a calidade docente non entende de fronteiras xeográficas.
A gala de entrega tivo lugar o 31 de xaneiro de 2026 na Sede Afundación da Coruña, recoñecendo a os mellores docentes do país en cada etapa educativa, reuniu a profesorado de toda España nun acto cargado de emoción e recoñecemento público cara a unha profesión que sostén o futuro do País. O certame, impulsado pola Plataforma EDUCA co apoio de Afundación, volveu situar no centro a quen, desde as aulas, transforman vidas e comunidade
A IA como ferramenta
Ambos os docentes comparten unha forma de entender a educación baseada na tecnoloxía con sentido, a aprendizaxe por proxectos e a conexión directa entre aula e sociedade. O seu traballo se Caracterízase polo uso creativo e ético de ferramentas dixitais, incluída a Intelixencia Artificial (IA) , non só para adquirir coñecementos técnicos, senón para desenvolver valores, pensamento crítico e compromiso social.
"Unha homenaxe ao poder transformador da educación
Durante a súa intervención, Fina Paulos lembrou que “educar é moito máis que transmitir contidos: é escoitar, acompañar e abrir camiños onde xerminan valores esenciais como o respecto, empatía, igualdade, pensamento crítico e creatividade”. “Recibir este galardón —explicou— supón unha honra persoal, pero tamén un impulso para
seguir defendendo unha educación humana, inclusiva e de calidade, que poña no centro ás persoas e as súas historias de aprendizaxe”.

Proxectos recoñecidos
Entre os proxectos máis destacados destes docentes atópase o Recurso Educativo Aberto (REA) polo que recibiron recentemente o “I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do alumnado” que recollerán en Madrid o próximo 2 de marzo, trátase dunha proposta didáctica que combina patrimonio cultural, historia, diversidade e tecnoloxía.
Foi deseñado para que poida ser utilizado por centros educativos de todo o país. O traballo de ambos os dous docentes tamén destacou por proxectos onde a IA se aplica a fins sociais e culturais, como iniciativas para transformar poesía en música, mellorar a comunicación de persoas con parálise cerebral mediante tecnoloxía audiovisual ou desenvolver ferramentas que favorecen a autonomía de persoas con Alzheimer. A súa metodoloxía de traballo por proxectos que conectan a aprendizaxe técnica coa realidade social e cultural levoulles a ser recoñecidos non só a nivel galego senón tamén nacional.

Un dos momentos máis destacados da gala chegou coas palabras de Óscar Manuel Rey, quen reivindicou a Formación Profesional como “unha vía transformadora capaz de ofrecer segundas oportunidades e construír traxectorias de éxito”. Foi un exemplo de “un exemplo do “milagre” da FP, subliñando a súa capacidade para reconectar ao alumnado co seu futuro”.
Así mesmo, realizouse un recoñecemento explícito á educación pública e ao apoio institucional de a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, representada no acto por Judith Fernández, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Óscar aproveitou tamén a súa intervención para lanzar unha mensaxe directa ás autoridades: “coidar o benestar emocional do profesorado é imprescindible para garantir unha educación de calidade”.
Máis novas






