Estela Blanco Román, unha nova estrela musical na Costa da Morte

Estela Blanco Román

Unha nova estrela musical está emerxenci na comarca. Estela Blanco Román, filla da soprano Gemma Román e de Miguel Blanco Pérez, profe de música en IES Agra de Raices, director da coral Airiños de Quenxe e acompañante ao piano da propia Román en eventos privados, como misas, bodas, etc… está pegando un importante salto na súa carreira coa flauta.

Aos seus apenas 16 anos, a ceense xa tivo que saír de Corcubión (onde reside a familia dende hai tempo, tras medrar no CEIP Vila de Cee e no IES Agra Raíces) cara a Coruña, para continuar cos seus estudios superiores no Conservatorio de Música da cidade herculina, que compaxina coas súas claes no IES Salvador de Madariaga, e co curso de especialiazación orquestral que fai en Compostela.

A súa relación coa música é evidente dende o berce. Dende pequena lembra escoitar á súa nai cantando en eventos e mesmo na casa, e ao seu pai tocar o piano. Sen obrigas, a familia só lle incitaba a aprender a ler a música a través de xogo, pero dende pequena xa tiña claro que o seu iría pola música. Decantouse pola frauta porque a escola de música de Cee contaba cunha “profe guai”, e dende os 4-5 anos xa non a deixou. Encaixoulle para poder tocar coa banda de música e poder ir facer pasarrúas, un dos primeiros soños, que se foi transformando no de tocar nunha orquestra sinfónica.

Agora, ademais de seguir acompañando á Coral Airiños de Queinxe (este domingo de Ramos poderemos vela na misa de Cee), pensa xa nas probas para entrar no Conservatorio Superior, que a podería mandar a calquera parte de España. O seu destino favorito, Granada. Polo de pronto, gocemos dela, por exemplo o vindeiro xoves 7 de maio, no CMUS da Coruña, ás 17:00h.

Máis novas