Estela Blanco Román, unha nova estrela musical na Costa da Morte
Unha nova estrela musical está emerxendo na comarca. Estela Blanco Román, filla da soprano Gemma Román e de Miguel Blanco Pérez, profe de música en IES Agra de Raices, director da coral Airiños de Quenxe e acompañante ao piano da propia Román en eventos privados, como misas, bodas, etc… está pegando un importante salto na súa carreira coa flauta.
Aos seus apenas 16 anos, a ceense xa tivo que saír de Corcubión (onde reside a familia dende hai tempo, tras medrar no CEIP Vila de Cee e no IES Agra Raíces) cara a Coruña, para continuar cos seus estudios profesionais no Conservatorio de Música da cidade herculina, que compaxina coas súas clases no IES Salvador de Madariaga, e co curso de especialización instrumentral que fai en Compostela.

A súa relación coa música é evidente dende o berce. Dende pequena lembra escoitar á súa nai cantando en eventos e mesmo na casa, e ao seu pai tocar o piano. Sen obrigas, a familia só lle incitaba a aprender a ler a música a través do xogo, pero dende pequena xa tiña claro que o seu iría pola música. Decantouse pola frauta porque a escola de música de Cee contaba cunha “profe guai”, Patricia Gonzalez Moreira e dende os 4-5 anos xa non a deixou. Encaixoulle para poder tocar coa banda de música e poder ir facer pasarrúas, un dos primeiros soños, que se foi transformando no de tocar nunha orquestra sinfónica.
Agora, ademais de seguir acompañando á Coral Airiños de Queinxe (este domingo de Ramos poderemos vela na misa de Cee), pensa xa nas probas para entrar no Conservatorio Superior, que a podería mandar a calquera parte de España. O seu destino favorito, Granada. Polo de pronto, gocemos dela, por exemplo o vindeiro xoves 7 de maio, no CMUS da Coruña, ás 17:00h.

Tamén en Cee
Tras gañar o prestixioso Premio Especial OCUSC no II Festival de Frauta Galega, a nova frautista emprenderá unha notable xira de concertos como solista o vindeiro mes de abril. Blanco Román actuará coa Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OCUSC) baixo a batuta de Mario Díaz Otero. Esta colaboración xorde en recoñecemento á súa excelencia interpretativa e técnica demostrada durante o festival galego, consolidando o seu status como unha das novas frautistas máis prometedoras da actualidade.
Programación do concerto e da xira: O público terá tres oportunidades para gozar en directo do talento da nova intérprete:
- 11 de abril, 20:30 h: Concerto no Círculo das Artes de Lugo.
- 12 de abril, 20:00 h: Concerto no Auditorio Baldomero Cores de Cee.
- 19 de abril, 18:00 h: Concerto na Igrexa Sto. Bonaval o domingo de Santiago de Compostela.
