O histórico Torneo de Copa de Corcubión vivirá unha nova superfinal

Imaxe do Torneo de Copas de Corcubión do ano pasado

Este venres xógase unha nova edición da Supercopa de Fútbol Sala de Corcubión. O pavillón de Corcubión acolle a partir das 20 horas, a superfinal entre os gañadores dos últimos torneos de Copas, que se xogaron entre 8 bares dos 12 que había na vila entre 2007 e 2010. 

O torneo ten unha novidade: haberá un trofeo para o xogador máis destacado do partido. Os trofeos os patrocina E. S. Bazarra e colabora o Concello de Corcubión.

O ano pasado gañou o Suiza e hai gañas de revancha.