O histórico Torneo de Copa de Corcubión vivirá unha nova superfinal

11:29 20/12/23
Este venres xógase unha nova edición da Supercopa de Fútbol Sala de Corcubión. O pavillón de Corcubión acolle a partir das 20 horas, a superfinal entre os gañadores dos últimos torneos de Copas, que se xogaron entre 8 bares dos 12 que había na vila entre 2007 e 2010.
O torneo ten unha novidade: haberá un trofeo para o xogador máis destacado do partido. Os trofeos os patrocina E. S. Bazarra e colabora o Concello de Corcubión.
O ano pasado gañou o Suiza e hai gañas de revancha.