O Modesto patrimonio: Os muíños do Rego de Quenxe en Corcubión
Antes de concentrarnos no tema principal sobre os muíños, imos repasar un pouco a historia do lugar de Quenxe, que destaca polo seu famoso “castro” o leste do lugar, con vistas a ría e xunto cos lugares de A Amarela, A Oliveira, Redonda e O Vilar, forman parte da parroquia de San Pedro de Redonda do Concello de Corcubión.
O territorio desta parroquia era moi fértil tal como atestigua un inventario feito no ano 1974 onde resume a producción agrícola da seguinte forma: 3 Ha. de trigo, 10 Ha. de avea, 8 Ha. de centeo, 102 Ha. de millo, 60 Ha. de xudías.
Tamén tiña gando polo monte: 116 cabezas de bovino, 11 de ovino, 14 de caprino. Pero, onde moían os cereais para alimentarse?
O único regato que teñen era o de Quenxe que nace no medio do lugar, cun traxecto duns 750 m.,salvando un desnivel de 75 m. para desembocar na Praia do mesmo nome. Quenxe era un lugar rico con fábricas de salazóns, tiña a Compañía General de Carbóns S.A. creada por Plácido Castro Rivas, sendo coñecida como Quenxe de Abaixo aínda que nunca foi recoñecida oficialmente.
Todo este rico terreno sufrío unha metamorfosis especulativa para asentamentos industriais e urbanos, pasando por varias mans, comenzando por un camping, campo de fútbol, instituto con polideportivo e remantando nunha gran urbanización.
Os demais lugares desta parroquia eran observadores desta especulación. Alí había algún muíño fariñeiro no pequeno regato de Quenxe con pouco caudal e escasa pendente.
Un documento do ano 1753 dí literalmente: “En la feligresía de Redonda ay tres molinos de cubo y piedras negras que muelen todo el año y están sitos en el lugar y río de Chenxe y muelen con agua de este mismo río y el uno de ellos que llaman o Terreo de Moyño es de Bartholomé de Lago, vecino del citado lugar. Otro que llaman de Chenxe es de Dña. Theresa Sacristán Obispo, vecina de la referida Villa de Corcubión y el otro llamado Lobeira es de Domingo de Martín y otros consortes, vecinos del lugar de Lobeira”.
O longo do S. XX construíronse uns catro máis que desapareceron pola urbanización. No ano 2015 entroume a curiosidade de recoñocelos sobe o terreno; así que rego abaixo, armado de botas e fouciño cortando silvas e recorrendo o cauce cuberto de maleza e fochancas ata cerca da desembocadura, procurando informarme por algún veciño do entorno.
O primeiro que encontrein é o Muíño de Trillo, de canle na marxe dereita en estado ruinoso. Me dixeron que nunca moiu por falta de pendente.
Más abaixo está o Muíño do Terreo, na marxe esquerda, de mampostería, en estao ruinoso; síguelle o Muíño de Vilar, de mampostería con tellano a unha caída en estado ruinoso.
Muíño de Redonda, de mampostería en estado ruinoso. A escasos metros, polo lateral norte está o lavadoiro público de formigón que foi restaurado no verán de 2017. Uns metros máis abaixo está o Muíño de Quenxe, de cubo e mampostería con tellado de formigón a unha caída. A porta está orientada cara o oeste e sobre o dintel ten unha cruz gravada xunto con letras ilexibles. Carece de “capa” e “rodicio” en estado ruinoso.
Augas abaixo, cruzando a estrada que conduce o Faro está o Muíño do Carnotán, Muíño do Franco, Casa Grande e o Muíño dos Moralinos. A partir de aquí desapareceron pola urbanización e o regato e conducido por unha cale cuberto o mar.
En Abril de 2015 fun testimuña de como unha máquina pala facendo a cimentación dunha casa desfacía o cubo dun muíño que debía funcionar polo desvío do regato cara a fábrica de salazons. As moas descubertas e manchadas de negro debían ser da fábrica de salazóns, usadas para moer pescado.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- O Cruceiro de Rebordelo (Salgueiros de Dumbría)
- A Capela do Torrado na igrexa de Buxantes
- Monumentos megalíticos en Dumbría
- Lugar de Figueroa de Buxantes.
- Historia dos lugares da parroquia de Buxantes.
- Buxantes. Recordando os tempos pasados
- A Devesa do Anllares (Arcos)
- As cancelas do lugar do Ézaro. De mediados do 1800 aos finais do 1900
- O río Castro nas imaxes de satélite modernas
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.