sábado. 17.05.2025
El tiempo

O Modesto patrimonio: Os muíños do Rego de Quenxe en Corcubión

Muiño de Vilar-Corcubion-Foto-Modesto
Muiño de Vilar-Foto-Modesto
O Modesto patrimonio: Os muíños do Rego de Quenxe en Corcubión

Antes de concentrarnos no tema principal sobre os muíños, imos repasar un pouco a historia do lugar de Quenxe, que destaca polo seu famoso “castro” o leste do lugar, con vistas a ría e  xunto cos lugares de A Amarela, A Oliveira, Redonda e O Vilar, forman parte da parroquia de San Pedro de Redonda do Concello de Corcubión.
O territorio desta parroquia era moi fértil tal como atestigua un inventario feito no ano 1974 onde resume a producción agrícola da seguinte forma:  3 Ha. de trigo, 10 Ha. de avea, 8 Ha. de centeo, 102 Ha. de millo, 60 Ha. de xudías.

Tamén tiña gando polo monte: 116 cabezas de bovino, 11 de ovino, 14 de caprino. Pero, onde moían os cereais para alimentarse?

O único regato que teñen era o de Quenxe que nace no medio do lugar, cun traxecto duns 750 m.,salvando un desnivel de 75 m. para desembocar na Praia do mesmo nome. Quenxe era un lugar rico con fábricas de salazóns, tiña a Compañía General de Carbóns S.A. creada por Plácido Castro Rivas, sendo coñecida como Quenxe de Abaixo aínda que nunca foi recoñecida oficialmente.

Todo este rico terreno sufrío unha metamorfosis especulativa para asentamentos industriais e urbanos, pasando por varias mans, comenzando por un camping, campo de fútbol, instituto con polideportivo e remantando nunha gran urbanización.

Muiño de Quenxe-Foto-Modesto
Muiño de Quenxe-Foto-Modesto

Os demais lugares desta parroquia eran observadores desta especulación. Alí había algún muíño fariñeiro no pequeno regato de Quenxe con pouco caudal e escasa pendente.

Un documento do ano 1753 dí literalmente: “En la feligresía de Redonda ay tres molinos de cubo y piedras negras que muelen todo el año y están sitos en el lugar  y río de Chenxe y muelen con agua de este mismo río y el uno de ellos que llaman o Terreo de Moyño es de Bartholomé de Lago, vecino del citado lugar. Otro que llaman de Chenxe es de Dña. Theresa Sacristán Obispo, vecina de la referida Villa de Corcubión y el otro llamado Lobeira es de Domingo de Martín y otros consortes, vecinos del lugar de Lobeira”.

O longo do S. XX construíronse uns catro máis que desapareceron pola urbanización. No ano 2015 entroume a curiosidade de recoñocelos sobe o terreno; así que rego abaixo, armado de botas e fouciño cortando silvas e recorrendo o cauce cuberto de maleza e fochancas ata cerca da desembocadura, procurando informarme por algún veciño do entorno.

O primeiro que encontrein é o Muíño de Trillo, de canle na marxe dereita en estado ruinoso. Me dixeron que nunca moiu por falta de pendente.

Más abaixo está o Muíño do Terreo, na marxe esquerda, de mampostería, en estao ruinoso;  síguelle o Muíño de Vilar, de mampostería con tellano a unha caída en estado ruinoso.

Muiño de Redonda-Corcubion-Foto-Modesto
Muiño de Redonda-Foto-Modesto

Muíño de Redonda, de mampostería en estado ruinoso. A escasos metros, polo lateral norte está o lavadoiro público de formigón que foi restaurado no verán de 2017. Uns metros máis abaixo está o Muíño de Quenxe, de cubo e mampostería con tellado de formigón a unha caída. A porta está orientada cara o oeste e sobre o dintel ten unha cruz gravada xunto con letras ilexibles. Carece de “capa” e “rodicio” en estado ruinoso.

Augas abaixo, cruzando a estrada que conduce o Faro está o Muíño do Carnotán, Muíño do Franco,  Casa Grande e o Muíño dos Moralinos. A partir de aquí desapareceron pola urbanización e o regato e conducido por unha cale cuberto o mar.

En Abril de 2015 fun testimuña de como unha máquina pala facendo a cimentación dunha casa desfacía o cubo dun muíño que debía funcionar polo desvío do regato cara a fábrica de salazons. As moas descubertas e manchadas de negro debían ser da fábrica de salazóns, usadas para moer pescado.

Lousas de muinos destrozadas en Corcubion
Lousas destrozadas

Mapa dos Muinos de Quenxe

 

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Comentarios