O Monte Cambeiro estrea unha nova public-acción sobre rexeneración forestal
Está a chegar as ibrarías de todo o país a nova publicación de Azul mais Verde Coop., “Un monte todos os montes”, da man do Consorcio Editorial Galego. “Non é un libro convencional. É o que chamamos unha publica-acción: un dispositivo colectivo de pensamento e acción arredor do monte galego, que reúne investigación-acción, creación, mediación cultural e traballo comunitario desde distintos territorios Galicia”, explican dende o colectivo, moi vencellado a Corcubión e a Carnota gracias á Pensadora e produtora crítica María Bella.
Por iso, a súa primeira presentación pública terá lugar este sábado 18 de abril ás 17h no Monte Cambeiro de Corcubión, como peche dunha xornada de deseucaliptización organizada pola Asociación Boca de Sapo e o Concello de Corcubión.
O día dará comezo ás 9:30 h cunha xornada de voluntariado xunto ás brigadas deseucaliptizadoras no Monte Santo Andrés en Corcubión. Ás 14.30h celebraremos un xantar comunitario e, para rematar, ás 17:00h primeira presentación pública de "Un monte todos os montes”.
Con esta publicación, o colectivo trata de “repensar o monte desde a cultura, a gobernanza e a memoria comunitaria. E fai todo iso desde a forma e a materialidade do propio libro: composición aberta, pluralidade de voces e de variantes da lingua galega”.
”Un monte todos os montes
A publicación, deseñado por Andrés López Estudio conta cun ensaio visual de Antonio Nodar, e con textos de Adriele Andrade Précoma, Natalia Balseiro, Lara Barros Alfaro, María Bella, Martiño Cabana Otero, Joám Evans Pim, Susana González, Outonía S. Coop. Galega, Óscar Rivas López, Fran Rodríguez Casal.