O Monte Cambeiro ponse a refuxio coa última, ou non, xornada do proxecto Terra Creativa
- Última hora: posposto pola chuvia

Fin de semana moi completa en Corcubión. O venres será autora local Marina Gómez, presentando a súa nova novela nao ciclo de lecturas da Biblioteca. O sábado pola mañá colle o relevo literario Modesto Fraga, levando o seu libro sobre Don Emerito ao Casino. E para o sábado, 5 de outubro, xa pola tarde, toca poñer as botas e ir para o monte.
Para o Monte Cambeiro, por suposto, o monte máis vivo da comarca, gracias á implicación do proxecto sen ánimo de lucro “Terra Creativa”. Este sábado, ás 18:00h, o monte de Amarelle acollerá, choiva ou non (a zona do Círculo de Comunidade estará protexida da chuvia para ocasión) a última acción desta comprometida iniciativa posta en marcha no último ano froito da alianza entre as asociacións Boca de Sapo e Universidade Cromática das Virtudes xunto á Cooperativa Azul mais Verde.
A acción leva por nome “Querérmonos monte: Apeiros para volver facer monte”. Nela participarán Xoán-Xil López, Elia Pérez, Grupo ACHEGA, Diego Vites, Taisa Lewitsky con MASA, Doa Oa, Frank Buschmann e Andres López.
Servirá para facer balance e botar conclusións desta iniciativa que nace coa intención de ensanchar as formas de vincularnos ao territorio, pero tamén para celebrar o proxecto e instar á súa continuidade, tanto á sociedade da comarca como ás administracións.