“O moucho voa” volve as ondas da radiONeria e Radio Roncudo como Consultorio Filosófico
27 de maio de 2021 (12:30 h.)
Nivelazo o que traen Miguel Vázquez Freire e compañía de novo as ondas das radios irmandadas da Costa da Morte, radiONeria e Radio Roncudo. O programa sobre filosofía “O moucho voa” volve despois de varios meses de conversas comprometidas e profundas (tendes ata 28 programas dei feitos durante 2020) e faino con formato de Consultorio Filosófico.
Este mércores arrincaba coa primeira emisión, e volverá cada mércores ás 20:30h. Aquí tendes a primeira entrega deste consultorio, que ademais trae unha fermosa reflexión sobre toda a traxectoria da Asociación Universidade Cromáticas das Virtudes con Vanessa Toba.
NOVAS RELACIONADAS
- "Hoxe non é onte", o novo podcast para a mocidade dende Corcubión.
- As 5 pílulas radiofónicas de Filosofía para veraneantes xa na rede.
- A pandemia pénsase nas radios irmandadas da Costa da Morte.
- Miguel Vázquez Freire converte as súas píldoras filosóficas nun novo programa de radio.