Venres. 19.04.2024
El tiempo

“O moucho voa” volve as ondas da radiONeria e Radio Roncudo como Consultorio Filosófico

Gravando O programa O Moucho Voa en radiONeria
Gravando O programa O Moucho Voa nos estudios da emisora municipal de Corcubión
“O moucho voa” volve as ondas da radiONeria e Radio Roncudo como Consultorio Filosófico

Nivelazo o que traen Miguel Vázquez Freire e compañía de novo as ondas das radios irmandadas da Costa da Morte, radiONeria e Radio Roncudo. O programa sobre filosofía “O moucho voa” volve despois de varios meses de conversas comprometidas e profundas (tendes ata 28 programas dei feitos durante 2020) e faino con formato de Consultorio Filosófico.

Este mércores arrincaba coa primeira emisión, e volverá cada mércores ás 20:30h. Aquí tendes a primeira entrega deste consultorio, que ademais trae unha fermosa reflexión sobre toda a traxectoria da Asociación Universidade Cromáticas das Virtudes con Vanessa Toba.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios