Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A pandemia pénsase nas radios irmandadas da Costa da Morte

filosofiapraveraneantes_prensa copia
A pandemia pénsase nas radios irmandadas da Costa da Morte

A filosofía non sucumbe á pandemia, máis ben todo o contario. Así o toma a Asociación Universidade Cromática das Virtudes de Corcubión, que utilizará esta singular situación mundial como foco dos V Encontros de Filosofía para Veraneantes ”Pensarmos na fenda da pandemia”. No canto de verán, faise por Nadal, e o foro da Capela do Pilar cámbiase polas ondas das radios irmandadas da Costa da Morte, pero estes Encontros seguen facendo da vila de San Marcos un epicentro do pensamento.

Do 21 ao 27 de decembro, as Radio Roncudo (no blog e no 106.1 FM nas terras de Pondal) e radiONeria (no blog e na 107.8FM nas terras de Fisterra), expandirán unha serie de conversas, seguindo camiño aberto polo propio Miguel Vázquez Freire coa súa serie de cápsulas filosóficas abertas durante este outono.

Pasarán polas ondas voces como Carme Adán, Pablo Jarauta, Eva Garéa o Ricardo Rodríguez de Rávena, ou membros tribo fundadora da Universidade Cromática, como Sergio Cernadas, Borja Santiago, Javier Turnes ou Mon Búa. Tamén estarán novas voces, con Sara Domínguez e Fidel Blanco, con Ignacio Castro Rey, Jazmín Rincón e Federico López Silvestre.
Todos, guiados por Miguel Vázquez Freire e María Bella, axudarán a preguntármonos polos retos que abre a pandemia e por nocións filosóficas que nos poidan axudar a transitala, ou por como entender mellor os perigos nos que esta nos sitúa ou a especular sobre o porvir.

filosofiapraveraneantes_programa_prensa copia

NOVAS RELACIONADAS

Máis novas

Comentarios