Nova multa da Inspección de Traballo ao Concello de Corcubión polo caso Sambade

Parecía que rematara xa o Caso Sambadebade, o caso do electricista municipal de Corcubión. Pero as novas seguen chegando, como nos informa hoxe o PP corcubionés, que denuncia que Inspección de Traballo sancionou ao Concello por atentar contra a dignidade dun traballador.

A multa, de 6.251 euros, súmase a unha anterior de 15.000 euros imposta tamén trala denuncia do electricista, Juan Carlos Sambade Calo.

O informe confirma que a conduta despregada "atenta contra a dignidade desta persoa, dispensando un trato degradante que implica humillacións, vexacións, menosprezo e desprestixio profesional". Detalla ademais que o traballador "sufriu como se baleiraba de contendido o seu posto de traballo co fundamento dunha falta de titulación acreditativa da súa competencia".

Sendo xa esta a segunda denuncia, "todo fai pensar que se lle abrirá un xuízo oral ao alcalde tras este segundo informe", comentou Gema Freire, a voceira do PP.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.