Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade

O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade

Volve hoxe á palestra o caso Sambade. Caso no que o goberno municipal de Corcubión foi denunciado por "acoso laboral" , ou "mobbing", ao ex traballador Juan Carlos Sambade, que facía labouras de electricista. O PP critica hoxe que o goberno oculta información sobre o caso, e asegura que "O concello terá que pagar 15.000 euros de multa e non puido optar a ningunha subvención pública". Faino tras poder revisar a Acta de Infracción emitida polo Ministerio de Traballo "tras habela pedido en repetidas ocasións".

Segundo o alcalde, o socialista Francisco Javier Lema, a súa destitución obedeceu a que "carecía da titulación esixida para realizar o seu traballo". Con todo, segundo denuncia a voceira do PP Gema Freire, Sambade xa realizaba traballos para o concello cando Lema accedeu á alcaldía en 2003, e non foi ata 2009 cando lle relegou a realizar tarefas inferiores á súa categoría, nalgúns casos ata denigrantes.

O Ministerio de Traballo realizou dúas inspeccións para dilucidar se estaban ante un posible caso de acoso laboral. Destas inspeccións, reflectidas no acta, indican que o trato recibido por este traballador está tipificado como un delito "moi grave" no Artigo 8.1. da Lei de Infraccións e Sancións na Orde Social (Lei 5/2000, de 4 de agosto), segundo sinala o PP.

Novas consecuencias

Ademais disto, "o Acta de Infracción tamén desvela outros datos que o Goberno municipal intentou ocultar aos veciños de Corcubión", denuncia Freire. O primeiro deles é que "o concello terá que pagar 15.000 euros en concepto de multa se non se presentan as alegacións oportunas".

Ademais da multa económica, o concello tamén foi penalizado cunha "sanción adicional pola cal perdeu automaticamente calquera axuda durante seis meses. Isto quere dicir que Corcubión foi castigado a non recibir ningún tipo de subvención por parte dunha administración pública durante este prazo de tempo".

Finalmente, a portavoz popular pediu responsabilidades "urxentes e inmediatas" en relación á multa de 15.000 e á penalización que sufriu o concello durante seis meses.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

Comentarios