Nova multa da Inspección de Traballo ao Concello de Corcubión polo caso Sambade
Parecía que rematara xa o Caso Sambadebade, o caso do electricista municipal de Corcubión. Pero as novas seguen chegando, como nos informa hoxe o PP corcubionés, que denuncia que Inspección de Traballo sancionou ao Concello por atentar contra a dignidade dun traballador.
A multa, de 6.251 euros, súmase a unha anterior de 15.000 euros imposta tamén trala denuncia do electricista, Juan Carlos Sambade Calo.
O informe confirma que a conduta despregada "atenta contra a dignidade desta persoa, dispensando un trato degradante que implica humillacións, vexacións, menosprezo e desprestixio profesional". Detalla ademais que o traballador "sufriu como se baleiraba de contendido o seu posto de traballo co fundamento dunha falta de titulación acreditativa da súa competencia".
Sendo xa esta a segunda denuncia, "todo fai pensar que se lle abrirá un xuízo oral ao alcalde tras este segundo informe", comentou Gema Freire, a voceira do PP.
Novas relacionadas
- 06-03-12: O BNG de Corcubión pide que o alcalde abone do seu peto os 15.000€ de multa polo Caso Sambade.
- 06-10-11: O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Corcubión.