Novas clases de xadrez en Corcubión coa Universidade Popular
23 de decembro de 2010 (01:44 h.)
A Universidade Popular abre as clases de xadrez. As clases serán impartidas por Mon Franco, compañeiro de QPC co que xa colobarou precisamente na proposta A xogada mestra. Ademais Mon creou o espazo xadreznacosta.blogspot.com para ir recollendo contidos relacionados co mundo do chess.
Este venres 24 de decembro, na Casa da Cultura, ás 12:00 h. terá lugar unha charla informativa para ver os apuntados á nova Escola de Xadrez da Universidade Popular de Corcubión.
Xa se poden inscribir no Tf. 671917831, ou no correo electrónico: universidadecorcubion@hotmail.com.