Os mergulladores de Fisterra esixen o levantamento da veda

Xa van máis dun mes sen poder traballar. E se xa nos contaban que o meirande perigo é a navalla de dfóra, ás veces os problemas saen de dentro de casa. Varios mergulladores se puxeron en contacto con nós para denuciar o parón forzado que están vendo obrigados a respectar durante este mes, pois a ría de Corcubión está pecgada “co conto da toxina”.

Así a definen os 50 buzos da zona de Fisterra, que consideran que “se están a rir de nós”, e poñen o exemplo do que aconteceu a semana pasada. O luns decidían as administracións levantar o peche, pero o martes voltaron a cerralo a pesar de que, segundo afirman, “as análisis deron negativo”, e “dende o Intecmar non nos dan outra explicación de que non saben por que está cerrado”. Así que ca navalla xa vendida, os comproadores tiveron que tirala e a non pagarlle aos mariscadores, é dicir, “traballar para nada e aínda por riba que a toxina saia negativa”. Ademais, “esta non é a primeira vez que ocorre, polo que non sabes cando tes o día gañaado”, recoñece un deses mergulladores que teñen que facer unhas 200 apneas cada día de traballo.

”Están a rírse do sustento de moitas familias”, sinalan, facendo ficanpé en que “nas Rías Baixas está a pasar o mesmo”, polo que necesitan facer algo de presión mediática para que as administracións dean un paso adiante. Porque, iso si, a seguridade hai que pagala aínda que non poidan mergullarse un só día.

Aquí vos deixamos cun fermoso vídeo que define moi ben o seu traballo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Lorena Martínez Canosa, Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).