Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Pódese vender marisco pola rede?

Pódese vender marisco pola rede?
Marisco online

Falabamos onte dunha nova iniciativa empresarial, e faremos un repaso completo. Pero é que coa chegada do Nadal as nosas mesas prepáranse para recibir a uns clásicos inquilinos desas datas, o marisco.

O marisco é, para moita xente, un imprescindible do Nadal polo que ao chegar o mes de decembro procuran na Rede onde comprar marisco de calidade a prezo razoable. Os datos que proporciona a plataforma Google Adwords avalan o dito, no mes de decembro de 2013 as procuras relacionadas co termo marisco en todo o estado chegaron ás 413.000 e este ano espérase que a cifra aumente.

Aproveitando a potencialidade de internet e das nosas costas, a venda online de marisco é unha das iniciativas na Rede que están a proliferar nos últimos. A pregunta é: están realmente a funcionar esas iniciativas?

Vender marisco por Internet, como todo, ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. A feroz competencia, a desconfianza dos clientes ante as formas de pago e a calidade do produto ou o tempo de consolidación que toda iniciativa na rede require poden facer que calquera emprendedor/a o pense dúas veces antes de comezar o seu negocio, nembargantes, a redución da cantidade de intermediarios, a enorme potencialidade do mercado ou a posibilidade de ter a tenda online operativa e aberta ao público as 24 horas do día durante os 365 días do ano son algunhas das vantaxes que provocaron a proliferación deste tipo de iniciativas. Ademais, algunhas destas iniciativas están subvencionadas por fondos europeos a través dos Grupos de Acción Costeira (GAC), con todo, as iniciativas subvencionadas non teñen porque ser as que mellor funcionen, como dicíamos antes, a consolidación das iniciativas baseadas na rede require o seu tempo e as subvencións non son para sempre, polo que o final moitos dos negocios que mellor funcionan son as que apostan dende o principio por Internet, sen o paraugas das axudas e con estratexias dixitais ben definidas que as fagan perdurar no tempo, xa que, a parte da calidade do produto e do servizo ou a imaxe de confianza que transmite a empresa, a elección e execución dunha boa estratexia dixital pode ser a diferenza entre triunfar ou morrer en Internet.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios