O Pleno de Corcubión aproba, por unanimidade, o Plan de Igualdade Municipal

O Pleno de Corcubión aprobou, na Sesión celebrada este xoves  27 de novembro de 2025, e por unanimidade de toda a Corporación, o III Plan de Igualdade de Xénero do Concello de Corcubión 2026-2029. 

"O Documento será o Marco de referencia da política municipal en materia de igualde, co compromiso unánime para avanzar xuntas e xuntos cara unha sociedade máis xusta, igualitaria e feminista", sinalan dende o Concello, dende onde agradecen a colaboración das profesionais, mulleres chave, entidades sociais e veciñas e veciños da vila, que participaron man a man xunto co Goberno Municipal, colaborando na construción desta guía.