Sempre Corcubión apoia a Sumar Galicia nas vindeiras eleccións do 18 de Febreiro

Paulo Carlos López, xunto con Alfredo González (pai)

Este mércores 17 celebrouse na Casa de Cultura de Corcubión un encontro co Voceiro de Sumar Galicia e número 2 ao Parlamento pola provincia da Coruña, Paulo Carlos López, no que por un imprevisto de última hora non puido asistir o único membro costeiro da lista electoral, o corcubionés Alfredo Manuel González López.

O acto, que concurreu nun ambiente moi receptivo, contou coa participación do concelleiro de Sempre Corcubión Alfredo Benigno González García, pai de Alfredo Manuel, que manifestou o seu apoio a Sumar Galicia nas vindeiras eleccións galegas.

Paulo Carlos López atenderá as propostas para a Costa da Morte e ofreceu a súa colaboración con Sempre Corcubión, indicando que "xa teñen dúas deputadas no Congreso e pronto terán deputados no Parlamento de Galicia á súa disposición". López indicou que incorporarán ao seu programa electoral demandas coma o remate da construción da autoestrada da Costa da Morte ou un Centro de Día en Corcubión e a necesidade dunha Residencia de maiores, entre outras de suma importancia para a comarca.