Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un corcubionés e unha pontecesá, na Comisión Promotora de Sumar Galicia

Alfredo Manuel Gonzalez e Silvia Pinal Sumar Galicia
Alfredo Manuel González e Silvia María Pinal
Un corcubionés e unha pontecesá, na Comisión Promotora de Sumar Galicia

Presentouse esta mañá a lista de 50 nomes que forman a Comisión Promotora de Sumar Galicia. A nova formación política realizará este sábado un acto de presentación na Coruña en presenza da súa líder estatal Yolanda Díaz. Aslí teremos dúas persoas da Costa da Morte, como membros desa Comisión.

Como parte do “Sector ecolóxico”, está a pontecesá Silvia María Pinal Seoane, funcionaria no seu Concello de Ponteceso, e con experiencia en Equo, e outros movementos conservacionistas.

Tamén, formando parte da comisión “Profesional” a entidade inclúe a Alfredo Manuel González López, fillo do concelleiro por Sempre Corcubión, formación pola que se presentou como nº3 nas pasadas eleccións municipais. Este corcubionés, que foi presidente da Asociación Universidade Popular de Corcubión, é farmacéutico en Neda e leva moitos anos vivindo en Ferrol, mantendo un estreito vínculo coa vila de San Marcos.

Comentarios