O quimqueiro maltés remolcado polo Don Inda á altura de Fisterra cara Corcubión-Foto-Juan Fisterra
Nova alarma, e en pleno temporal de mar, no Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra, o chamado Corredor de Fisterra, polo que pasan ao ano máis de 35.000 barcos.
Esta mañá amencíamos coa alarma de que o quimiqueiro de bandeira de Malta, “Huseyn Javid”, de 93 metros de eslora, tiña que ser remolcado pola embarcación de Salvamento Don Inda, ata o porto de Corcubión, por problemas ca maquinaria. Segundo nos informa o mercante David Trillo, xa as 5:00h da mañá, o mercante recuperar a maquinaria, e está entrando a ancorar polos seus propios medios, de xeito que o Don Inda vai de escolta, pero sen necesidade de remolcar.
Finalmente conseguíu fondear na enseada de Fisterra a primeira hora da mañá polos seus propios medios
O buque cisterna, que transporta parafina ten 16 tripulantes a bordo, e facía a ruta dende Turquía ata Amsterdam.
O quimiqueiro fondeado en Fisterra e escoltado polo Don Inda-Foto-David Trillo