xoves. 08.05.2025
El tiempo

Un quimiqueiro fondea en Fisterra por problemas cas máquinas

Un quimiqueiro fondea en Fisterra por problemas cas máquinas
Un buque maltes remolcado polo Don Inda ata Corcubion-Foto-Juan Fisterra O quimqueiro maltés remolcado polo Don Inda á altura de Fisterra cara Corcubión-Foto-Juan Fisterra O quimiqueiro Huseyn Javid escoltado por Salvamento Nova alarma, e en pleno temporal de mar, no Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra, o chamado Corredor de Fisterra, polo que pasan ao ano máis de 35.000 barcos. Esta mañá amencíamos coa alarma de que o quimiqueiro de bandeira de Malta, “Huseyn Javid”, de 93 metros de eslora, tiña que ser remolcado pola embarcación de Salvamento Don Inda, ata o porto de Corcubión, por problemas ca maquinaria. Segundo nos informa o mercante David Trillo, xa as 5:00h da mañá, o mercante recuperar a maquinaria, e está entrando a ancorar polos seus propios medios, de xeito que o Don Inda vai de escolta, pero sen necesidade de remolcar. Finalmente conseguíu fondear na enseada de Fisterra a primeira hora da mañá polos seus propios medios O buque cisterna, que transporta parafina ten 16 tripulantes a bordo, e facía a ruta dende Turquía ata Amsterdam. O quimiqueiro fondeado en Fisterra e escoltado polo Don Inda-Foto-David Trillo O quimiqueiro fondeado en Fisterra e escoltado polo Don Inda-Foto-David Trillo

Novas relacionadas

          19-01-16:
O centro de Salvamento Marítimo de Fisterra auxiliou 531 persoas durante o 2015
          03-01-16:
Un petroleiro volveu saltar as alarmas ao saír do Corredor de Fisterra
          24-11-15:
Un novo buque ten que ser remolcado tras sufrir unha avaría diante do litoral costeiro
          13-11-15:
#13anosdoPrestige…
          30-09-15:
Piden a revisión da sentenza do Prestige
          18-11-14:
#12anosdoPrestige40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de FisterraA tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Salvamento.

Comentarios