Volve pedir unha área para autocaravanas en Corcubión

As Autocaravanas teñen que aparcar onde poden

Cada verán parece o Día da Marmota en Corcubión. Comezan a chegar as autocaravanas, cada vez máis, e nos lembramos por uns días do ideal que sería contar cunha simple área de estacionamento, para non ter que aturalas aparcadas por todas partes.

Desta volta é Sempre Corcubión o que pide ao grupo de goberno que habilite unha área, lembrando que o autocaravanismo medrou entre 2.014 e 2.019 máis do 44%. Máis aínda o pasado 2020, cun incremento do 200% no alugueiro das mesmas o pasado mes de xuño.

Explican que “unha das grandes deficiencias apuntadas pola ASEICAR é a falta de campings, zonas de estacionamento e pernoctación, e no termo municipal de Corcubión non contamos con estes posibles a pesar de ser “unha vila que conta coa distinción de Municipio Turístico Galego; cun casco antigo impresionante para darse un paseo tranquilo e repoñer forzas”.

Deixa atrás os prexuizos erróneos sobre este turismo, que si “repercute positivamente no comercio local: tendas de roupa, prensa, ferraxería, alimentación, restaurantes, etc. É unha xanela aberta ao impulso do negocio local durante todo o ano, sobre todo, se se ofrece un turismo que non esté baseado soamente en sol e praia: rutas, museos ou similarea”.

”Sendo Corcubión un concello de referencia, como vila declarada conxunto histórico artístico, e cuxo faro aparece no Camiño dos Faros de todas as guías turísticas que se precien, apostamos por promover este tipo de turismo como oportunidade de ampliación turística e de impulso da economía local.

Novas relacionadas