Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha solución para Nemiña

Autocaravanas en Nemina copia
Numerosas autocaravanas instálanse en Nemina
Unha solución para Nemiña

Cada ano a situación en Nemiña preocupa máis á veciñanza. A súa fama internacional como lugar fetiche para o mundo surf expándese, e cada vez son máis as autocaravanas e os grupos que ocupan a zona. Sen unha área de autocaravanas, sen unha ordenación do tráfico nin do estacionamento, sen baños públicos… a situación ás veces tórnase complicada.

E iso que Nemiña é un lugar cosmopolita, acostumada a que veña xente de todo o mundo, con diferentes acentos pero coas mesmas gañas de disfrutar da natureza.

Invandindo Nemina copia
Hai grupos que non respectan tanto

Iso é o normal, pero tamén hai momentos nos que Nemiña vese invadida con menos respecto. Estas semanas (e iso que falamos de temporada baixa), a chegada dun grupo internacional está xerando preocupación entre a veciñanza. Transitan por toda a zona sen máscara, ocupan zonas comúns, ocupan todas as prazas de aparcamento durante días, xúntanse en grupos de máis de 6 persoas…

”En Galicia todos mantendo as normas covid e chegan estes e fan o que queren sen respectar nada”, denuncia algún veciño.

A Policía Local fai o que pode, achegándose pola zona cando ten tempo, para vixiar e informar para que se cumplan as normas. “É unha situación complexa”, recoñecen dende a Policía Local, “porque se un martes de abril, por exemplo, xa había uns 30 vehñiculos, un día de verán pode haber ata 200, e como Nemiña é unha praia abrigada do nordés, moita veciñanza tamén se achega nos días de vento do verán”, explican.

Nemina ateigada xa en abril
Un día de abril en Nemiña

Solucións

Por iso compre propoñer solucións, As administracións terían que regular o uso da praia, copiando modelos doutras praias de Galicia, como Doniños, que permita convivir bañistas, empresas, e surfeiros sen ánimo de lucro.

Pero tamén hai que darlle solución ao problema de aparcamento, hai que organizar o tráfico, que permita por, exemplo, o paso sen problemas docamión do lixo. Hai que poñer baños público. Hai que solventar a situación das autocaravanas, e se non se pode facer unha área destinada no propio lugar polas restriccións de Costas, pois haberá que informar correctamente da área que hai na praia da Cruz, na entrada da vila muxiá (ademais de acondicionala ben) e pensar como posible solución un bus lanzadera dende alí para fomentar que a xente tamén consuma na vila.

Son ideas que nacen do seo da veciñanza e que poderían ser tomadas en consideración para mellorar a convivencia entre veciñ@s e visitantes.

Novas relacionadas

Comentarios