Coristanco propón unha ruta polo Chan da Embarrada guiada polos autores

Nova oportunidade de disfrutar en familia do patrimonio cultural e natural da contorna. O Instituto de Estudos Bergantiñáns xunto co Concello coristanqués organizan para o vindeiro 13 de novembro, unha Ruta polo Chan da Embarrada e a parroquia de Ferreira guiada a través dos autores da obra.
 
Seguindo as premisas e os valiosos coñecementos dos especialistas, poderemos adentrarnos nas lecturas daqueles elementos concibidos para albergar e construír o noso pasado e poñer en valor os cimentos patrimoniais que debemos pois coidar e preservar.
A ruta é de 3,5km, de dificultade baixa apta para todo tipo de perfís. Sairáse da casa do Concello ás 10:00h e estímase a volta ás 13:30h.
 
Poden inscribirse na Biblioteca Municipal, no 651 664 908 ou en biblioteca@coristanco.gal.