Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Coristanco propón unha ruta polo Chan da Embarrada guiada polos autores

Ruta pola Ferreira en Coristanco
Coristanco propón unha ruta polo Chan da Embarrada guiada polos autores
Nova oportunidade de disfrutar en familia do patrimonio cultural e natural da contorna. O Instituto de Estudos Bergantiñáns xunto co Concello coristanqués organizan para o vindeiro 13 de novembro, unha Ruta polo Chan da Embarrada e a parroquia de Ferreira guiada a través dos autores da obra.
 
Seguindo as premisas e os valiosos coñecementos dos especialistas, poderemos adentrarnos nas lecturas daqueles elementos concibidos para albergar e construír o noso pasado e poñer en valor os cimentos patrimoniais que debemos pois coidar e preservar.
A ruta é de 3,5km, de dificultade baixa apta para todo tipo de perfís. Sairáse da casa do Concello ás 10:00h e estímase a volta ás 13:30h.
 
Poden inscribirse na Biblioteca Municipal, no 651 664 908 ou en [email protected].

comentarios