Novo paso adiante para o Parque Empresarial de Coristanco

O alcalde de Coristanco, Juan García pose, xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto

Esta pasada semana a Xunta anunciaba que licitará no primeiro trimestre deste 2022 a redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) do futuro parque empresarial de Coristanco. Un proxecto solicitado polo Concello en febreiro de 2020 recuperando así unha vella demanda do tecido empresarial do Concello bergantiñán.

O polígono, que estará situado no enlace entre as estradas AC-552 e AG-55, na parroquia de Oca, ocupará uns 60.000m2, tendo en conta que a demanda inicial extraída dun informe municipal ronda os 40.000m2 (aos que habería que sumar espazos comúns, vías…).

O Goberno galego prevé nas contas de 2022 unha partida de 27 millóns de euros para levar a cabo trámites, actuacións e obras co fin de reforzar o potencial dos parques empresariais galegos, pero non confirmou partida concreta para este caso.

Novas relacionadas