Martes. 05.11.2024
El tiempo

O Polígono de Coristanco volve á palestra 20 anos despois

O Poligono da Coristanco ira preto da Autovia
O Poligono da Coristanco ira preto da Autovia
O Polígono de Coristanco volve á palestra 20 anos despois

O Polígono de Coristanco é outra desas infraestruturas que marchan a paso caribeño pola Costa da Morte. Xa no 2000, o Concello recibía 19 solicitudes de empresas para instalarse no futuro parque empresarial. Un ano despois, o alcalde de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro, asiunaba un convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa construción, espertando interese nos máis de medio centenar empresarios da zona.

O Concello sería o promotor dun polígono, que urbanizaría case medio millón de metros cadrados na zona do Montecelo, preto da Autopista AG-55. En febreiro de 2003, Pensado xa pon promesas enriba da mesa: “No verán de 2004 as empresas poderán instalarse no novo polígono”, que se situaría entre A Miñata e A Varela.

A cousa comeza a paralizarse, e xa en decembro de 2003 a obra estaría rematada “antes de 2006”, no que sería o primeiro polígono industrial da comarca. O proxecto urbanístico é adxudicado en 2004, e en marzo de 2005, todos os trámites quedan solventado, para que comecen a entrar as máquinas.

Pero nos imos xa a outubro de 2005, cando o alcalde anuncia que “podería haber un retraso de dous anos máis”, polo que as obras comezarían en 2006. Un dos ñultimos escollos, o OK de Patrimonio, chega en febreiro de 2006, pero non se move unha pedra nos vindeiros anos, a pesar das críticas do BNG.

En 2010 aínda o Concello ten que facer unha modificación do PXOM, que se solventa, e aí é cando o Concello pide axuda á Xunta…

Ata este mes de febreiro, que o alcalde Juan García Pose, proponse facer realidade a súa promesa electoral mantendo unha reunión coa Conselleira, para soliciitar a reactivación do parque.

Un parque xa sería de promoción autonómica, e non municipal (será Xestur a promotora), e que tería unha superficie útil de 50.000 metros cadrados, a metade do inicial. Pero os tempos de hoxe non son os da primeira década do século e haberá que ir adaptándose á realidade e á demanda.

A ubicación será no tamén da Miñata, preto da Autovía e da futura circunvalación de Carballo a Santiago, pero o alcalde non se molla con prazos, para non caer nos erros do seu predecesor.

Novas relacionadas

Comentarios