Coristanco solicita á Xunta a construción dun parque empresarial
Así llo trasladou o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na reunión mantida este martes 11 de febreiro. O rexedor achegou un documento que constitúe o Estudo de viabilidade para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Coristanco, onde se acredita a idoneidade dunha determinada localización e se establece unha ordenación para minimizar calquera posible efecto na contorna. Un documento que terá que ser analizado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, o encargado de valorar a idoneidade da nova infraestrutura.
Melloras en Verdes
Ademais, o alcalde solicitou o acondicionamento da contorna do refuxio de Verdes, quedando á conselleira pendente de “analizar as posibilidades de colaboración”.