Santa Comba arrinca un mes de marzo completo

Aínda queda por perfilar a Festa dos Maiores, pero o mes de marzo no Concello de Santa Comba será de traca. Aínda ca agradable resaca da Gala Xalleiros, o concello prepárase para encher de vida o Edificio Multiusos.

De feito, será esta gran infraestrutura a que acolla a primeira das citas, que se celebrará o 7 de marzo. A Subasta de Novillas será unha das citas máis importantes do sector agrario da Terra do Xallas, e fará que ducias de gandeiros de toda a contorna traian os seus mellores animais.

A seguinte cita será a Feira do Outlet de Primavera, que terá lugar os 20, 21 e 22 de marzo, para proceder o días 28 ca Presentación dunha interesante proposta de Turismo Industrial.

O mes de marzo xalleiro pecharase en clave de motor, cun Autocross para o sábado 28 de marzo.

Novas relacionads

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).