Venres. 26.04.2024
El tiempo

Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español

Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español
Espinilleras Juan para Victor Espasandin

Repasamos hoxe, da man dos técnicos xalleiros José María Suárez (co que coñecimos a historia do Carreiro hai pouco) e Huelvis, a historia dun dos xogadores costeiros máis arriba no fútbol español. Xa temos coñecido de preto a outros grandes como os bergantiñáns Angeliño ou Rubén, hoxe imos ata as terras do Xallas para saber un pouco máis quen é Víctor Manuel Espasandín, actual lateral esquerdo do Sabadell de 2ª División, despois de pasar polas canteiras de Barça e Valladolid, e moitos outros equipos.

Un Víctor que era un dos protagonistas da nosa sección "Emigrantes do Fútbol da Costa", aló polo 2008-2009.

Un Víctor que sempre que pode colabora coas actividades xalleira, e que disfruta cada vez que vén pola terra. Ademais, como non podía ser doutro xeito, xa ten as súas Espinilleras Juan, a nova moda do fútbol costeiro.

Víctor Espasandín no Museo Terra do Xallas asinando as súas camisetas

Como crece Victor Manuel Espasandín Facal

Victor Espasandin-Xalleiro en Sabadell Naceu o 16 de Marzo de 1.985 na parroquia de Santa Sabiña municipio de Santa Comba (A Coruña). Como outros rapaces do concello comenzou a xogar ao fútbol sala no Colexio Barrié de la Maza de Santa Comba para incorporarse aos infantiles dun dos equipos do municipio, o Atlético Mineiro.

SD Compostela (1999-2004)

p<>Posteriormente formouse nas categorías inferiores da SD Compostela (2º División B). Co Compostela acadou os primeiros contactos co fútbol nacional por medio da categoría xuvenil en división de honra e no primeiro equipo en 2ªB. (1999-2004)

Real Valladolid (2004-2006)

Entón fichouno o Real Valladolid de 2ª División, que o incorporou o seu equipo filial, ó Valladolid B, onde tivo un alto rendemento, o que o levou a ser convocado polo primeiro equipo, debutando así por primeira vez en 2ª División.

Ponferradina (2006-2007)

Na tempada 2006/07 foi cedido polo Real Valladolid a SD Ponferradina para xogar en 2ª División.

FC Barcelona (2007-2010)

O xalleiro Victor Espasandin no Barca

Chegou o Barça por petición propia (e chamada persoal) de Pep Guardiola cando adestraba as categorías inferiores do clube catalán, aló polo 2007. Ademáis estivo as ordes de Frank Rijjkaard e Luis Enrique. Foi capitán do Barça B ás ordes de Luís Enrique, onde acadou títulos e ascensos compartindo vestiario e adestramentos con xogadores do mítico Barcelona de Guardiola como Thiago Alcantara, Pedrito (un dos seus mellores amigos na sua etapa blaugrana), Messi, Etoo, Xavi Ronaldinho ou Iniesta.

O 9 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo do FC Barcelona por Frank Rijkaard para a disputa do encontro de Liga de Primeira División contra o Sevilla FC, aínda que non chegou a xogar, compartiu banquiño con Ronaldinho.

Durante o veran de 2009 foi un dos 11 xogadores do filial azulgrana elexidos por Guardiola para realizar a pretemporada en Inglaterra co primeiro equipo, chegando a xogar dous partidos amistosos no mítico Estadio de Wembley de Londres. O seu debut ante o Tottenham e o seu duelo co internacional inglés Aaron Lennon, un 25 de xullo (día de Santiago Apostol Patrón de España) foi seguido con atención por todos os afeccionados xalleiros de Santa Comba nunha retransmisión televisiva en directo.

Ominia Nicosia Chipre (2010-2011)

O finalizar o seu contrato co equipo barcelonista, ó 30 de xuño de 2010, fichou polo AC Omonia de Nicosia, campión da Primera División de Chipre e equipo máis laureado do país. O seu recibimento no aeroporto de Nicosia, como quedou constancia na prensa do momento, foi digno das máis grandes estrelas do fútbol. Con este clube, ainda que fora en fase previa, debutou en Champions League xogando contra ó Renova FK de Macedonia e posteriormente contra Metaliste de Ucrania.

Sabadel (2013…)

En decembro de 2012 e estando lesionado rescinde o seu contrato co Omonia de Nicosia e chega a un acordo co Sabadell de 2ª División española para incorporarse en xullo de 2013. Parte da recuperación da súa lesión realizouna en Santa Comba e incluiu unha fichaxe de catro meses en 2ªB co Montañeros da Coruña.

Acaba de renovar polo Sabadell por dúas tempadas máis, polo que seguirá durante máis anos na elite do fútbol español.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios