Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños

O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños
Alumnos mestres e pais de alumnos construindo o campo de futbol do Colexio Barrie de la Maza de Santa Comba

Liamos a semana pasada o interesante artigo de Chema Rei, presi do Baio, sobre o campo do Balsiño. E a raíz, José María Suárez Mariño, técnico municipal de Santa Comba, recupera sensacións recollidas noutro dos míticos campos da volta. Unha historia, a do Campo do Carreiro, que pode explicar por que o Fútbol da Costa traspasa a fronteira do deporte, para convertirse nunha forza social tremenda.

O Campo do Carreiro de Santa Comba é un dos míticos campos da zona. Data de mediados da década dos anos 50, alí se xogaron varias finais da Copa da Costa, unha final da Copa Deputación e se disputaron moitos partidos naquela importante categoría Preferente.

Pero o máis importante, é que o campo foi plantado con terróns que os veciños cos seus propios medios particulares quitaban das praderas da zona das Fariñas, preto do campo da escola das Caselas. “O Carreiro, realmente era un campo no centro urbán, e non un terreo de terra dura con toxos e incluso rochas nas aforas como o Balsiño”, apunta Suárez.
”Se ben o Carreiro non tiña calderín de auga quente, nin bancadas de madeira, nin palco de autoridades, xa tiña e aínda ten os banquillos de ladrillo, recebados e semisoterrados copiados dos estadios ingleses e que ata ben pouco aínda mantivo en pé San Mamés. Contaba con estación meteorolóxica, e o que nunca pode faltar nestas terras do Xallas, unha cantina impresionante para a cal incluso se fixo unha placa de formigón (os vestiaros con uralita pero a cantina de placa de formigón), algo nunca visto na costa ata o momento e que a posteriori tamén albergaría o centro de vídeo coas primeiras cámaras de vídeo coas que se filmaban os partidos...e catro vestuarios, porque si fallaban os do campo íbase para a casa de Basilio”, segue contando.

A forza dos veciños

Traendo os tractores da casa e abonando a herba e todo o Campo do Carreiro

Nese sentido, Suárez recorda que “era á época das iniciativas veciñais e o fanatismo desinteresado polo fútbol, e era en todos os sitios igual, incluso os veciños facían as estradas”. “E coñecendo a historia municipal, nunha época donde non había terreos públicos, e non había un céntimo para pagar os traballadores municipais, que non eran nin eso, senón veciños que botaban unha mán no concello un ou dous días a semana, pódese afirmar con rotundidade sen temor a equivocarse a que a práctica totalidade dos campos da costa foron feitos coas mans dos veciños en terreos e leiras particulares, cando non se xogaba xa directamente en praderas dos veciños”. “Estamos falando dunha época na que incluso xa entrado os anos 70 a máis importante iniciativa deportiva estatal foron os xogos escolares, que se non fora polo traballo desinteresado de veciños e esposos/as de mestres que deixaban os seus traballos diarios para facer de arbitros ou xuices de pista, non sería posible desenvolver tal actividade”.

De maratóns para as Festas

A febre dos maratóns de Fútbol Sala non comezou neste século. A finais dos 80 aínda non había pabellons de deportes en Santa Comba e montaron un maratón de fútbol sala nunha sala de fiestas para recadar fondos para as Festas dos Milagros, as que se celebran en Santa Comba o lado da casa do Concello.

”Recaudaron tanta pasta que trouxeron a Laser e Club Naval que sería o equivalente ahora a París de Noya e Panorama”, cóntanos José María. “Ademais eran das primeiras orquestas que utilizaron o láser, precismanete a orquesta láser, e viña de actuar en Televisión Española en PlayBack que era “lo más”, apunta. “Xogou a final Bahía Laxe con míticos Tinolos contra Autoaccesorios Cameán de Carballo, tamén con míticos do fútbol bergantiñán, gañando os laxenses.

3 espazos deportivos

Xogos escolares na sede de Santa Comba 1974

Fermosa esta imaxe dos Xogos escolares na sede de Santa Comba o 14 de xuño de 1974 e na sé de Ser da man de Santiago Pérez no complexo deportivo de Santa Catalina, onde agora está o Instituto e a Gardería e na zona deportiva de Ser.
A foto corresponde á final de fútbol celebrada en Ser, pois xa dende ese 1974 Santa Comba tiña tres campos de fútbol de herba natural, o Carreiro, Ser, e o do Colexio Barrié.

Ambientazo no Carreiro

Un Xallas histórico

O Xallas ganoulle ao Deportivo no Carreiro de 1968

Corría o ano 1968 aproximadamente, e por cortesía de José Manuel Villar “Pintinho” disfrutamos deste Xallas, onde aparecen: de pé, de esquerda a dereita: Fernando de Pozo, Manolito Mouro, Pintinho, Paredes, Pancho de Ordóñez e Lema. Agachados, de esquerda a dereita: Nicanor de Santiago, Arana (Porto Riqueño), Carducho de Capeáns, Manolo Amarelle e Nicanor de Mourelle. Fixádevos que eran os anos 60 e o peche perimetral de bloque que tiña o campo.

O Xallas no 1969

E seguimos en clave de historia, na tempada 1969 - 1970, con esta imaxe cortesía de Moncho de Raso, na que aparece un Combinado co que o Xallas lle gañou 5-2 ó Deportivo no Campo do Carreiro. Aínda que é o Xallas, os xogadores non eran habituais do equipo salvo o porteiro (Manolo Amarelle). De esquerda a dereita, de pé: Manolo Amarelle, Mayer, Rúa, José Pazos (sen confirmar) de Santiago, Iglesias, un de Santiago e o porteiro Joaquín do Compostela. Agachados, de esquerda a dereita: José Amancio, Veloso, Pose, Garrincha e Iglesias (irmán do outro Iglesias). Fixádevos nos pedazo de mástiles para a bandeiras!

O Xallas do 85 mesmo con Sieso

Xa nos anos 80, a cousa continuaba candente no Carreiro, cun céspede que nin Riazor. Nesta imaxe da tempada 1985 - 1986, co equipo en 1ª Rexional, o ano seguinte ó acadar o título da Copa Deputación, e por de cortesía de Rubio da Carnicería, vemos de pé, de esquerda a dereita: Pepe Landeira, Rieiro (exalcalde de Zas), Rubio, Luís da Panadería, Luís Cordeiro, Tito, Pepe Turnes, Bascoy, Rubio de San Salvador, Eliseo de Vilamaior e José Luís de Rafael. Agachados, de esquerda a dereita: Ricardo Carracedo, Sanchiño, Tino de Laxe, Camacho, Carteiro, Framil, Sieso de Cee e Miguel Pérez.

Aquí embaixo vemos os bancos tipo inglés na Final da Copa Deputación de Primeira Rexional 1984 - 1985. Unha imaxe por cortesía de Rubio da Carnicería.

Bancos ao estilo ingles no Carreiro de Santa Comba

Máis información

Non vos perdades o especial Xallas neste fantástico blog de Santa Comba na memoria:

Artigos relacionados

Estes son outros artigos relacionados co deporte costeiro.

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Informacón e fotos da man de José María Suárez Mariño.

Comentarios