Unha vivenda de Corme e outra de Coristanco, presentadas aos Premios COAG

A Casa de Palla de Corme

A vixésima edición dosPremios COAG do Colexio de Arquitectos de Galicia pecha a súa convocatoria con 224 propostas. Uns premios que tratan de recoñecer as ideas máis vangardistas en materia de construción e urbanismo.

Entre as presentadas atopamos un par de propostas singulares da Costa da Morte.

Proceso de bionconstrución da Casa de Palla de Corme

Por unha banda atopamos a Casa de Palla, situada na beira sur da Aldea de Corme, na faldra do val do Guxín. Falamos dun Proxecto dunha vivenda unifamiliar dunha parella de mediana idade, baseada en métodos de bioconstrución, feita literamente con palla.
Está feita por José Manuel Sánchez Vizcaíno, Cartolina Jack, Ramón Fdez e Iria Brandariz, da Cooperativa herculina Habitat Social.

Vivenda de Coristanco

 

Tamen hai unha vivenda unifamiliar situada no Lugar do Espiño, en Coristanco, promovida por José Antonio Mira Abelenda e desenvolta polos profesionais Juan Seara e Berta Peleteiro. Unha vivenda realizada en perfecta armonía e respecto ás agras, dando conta do verxel e berce da pataca que é a terra coristanquesa.

Vivenda e agra
Interior da vivenda coristanquesa

O acto público de entrega de premios celebrarase o 18 de marzo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo.

 

Novas relacionadas