Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A restauración de Arturo Franco dunha corte do Fieiro percorre o mundo

Casa restaurada no Fieiro de Arturo Franco
Fotos de Alfonso Quiroga
A restauración de Arturo Franco dunha corte do Fieiro percorre o mundo

Cada vez que pode escapa de Madrid para virse á Costa da Morte, o seu refuxio. Xa o limos en QPC disfrutando do cine documental corcubionés, e tamén participou cun conto que transcorre no Monte Pindo nos últimos Encontros de Filosofía para Veraneantes. Cando vén, pasa tempadas coa súa familia no Fieiro, a aldea mazaricá situada nas faldas do Olimpo Celta, onde restaurou unha corte de 1920.

Unha restauración que vén de recibir unha mención especial nos Premios BigMat España como finalista español e Premio Bigmat a pequena escala, escollido entre máis de 1.000 obras.

O proxecto de rstauración xa recibira premios na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e na European Architectural Heritage, e continúa levando o nome da Costa da Morte polo mundo.

Casa restaurada no FieiroCasa restaurada no fieiro por Arturo Franco
Fotos de Alfonso Quiroga

ARTURO FRANCO.

Actualmente é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da ETSAM. Profesor invitado en numerosas universidades internacionais, director e editor da revista rita_ asociada ás Escolas de Arquitectura de España e Iberoamérica, e da plataforma dixital redfundamen- tos. Nomeado ao premio Nacional de Arquitectura en 2015 a súa obra recoñécese cumpridamente dentro e fóra de España. As súas obras máis destacadas, entre as que se inclúen as distintas intervencións no antigo Matadero de Madrid, servíronlle para ser seleccionado entre os arquitectos españois con maior proxección polo diario El País, a Fundación Caja de Arquitectos, o Ministerio de Fomento, A+Ou, Architectural Digest, ou 2G. Autor entre outros dos libros Hablan los arquitectos.¿Una escuela de Madrid? editado por Deseño coa colaboración da ETSAM e UPM e Sin prejuicios editado pola Fundación Caja de Arquitectos. Destaca tamén o seu labor como crítico de arquitectura no diario ABC e a súa dirección (2008-2012) na revísta Arquitectura COAM, do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid
coa que obtivo o primeiro premio na BIAU de Rosario

Artigo de Arturo Franco en QPC

Comentarios