Unha vivenda de Corme e outra de Coristanco, presentadas aos Premios COAG
A vixésima edición dosPremios COAG do Colexio de Arquitectos de Galicia pecha a súa convocatoria con 224 propostas. Uns premios que tratan de recoñecer as ideas máis vangardistas en materia de construción e urbanismo.
Entre as presentadas atopamos un par de propostas singulares da Costa da Morte.
Por unha banda atopamos a Casa de Palla, situada na beira sur da Aldea de Corme, na faldra do val do Guxín. Falamos dun Proxecto dunha vivenda unifamiliar dunha parella de mediana idade, baseada en métodos de bioconstrución, feita literamente con palla.
Está feita por José Manuel Sánchez Vizcaíno, Cartolina Jack, Ramón Fdez e Iria Brandariz, da Cooperativa herculina Habitat Social.
Tamen hai unha vivenda unifamiliar situada no Lugar do Espiño, en Coristanco, promovida por José Antonio Mira Abelenda e desenvolta polos profesionais Juan Seara e Berta Peleteiro. Unha vivenda realizada en perfecta armonía e respecto ás agras, dando conta do verxel e berce da pataca que é a terra coristanquesa.
O acto público de entrega de premios celebrarase o 18 de marzo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo.
Novas relacionadas
- 2021: Casa Elías, a rehabilitación do Hospital de peregrinos de Corcubión tamén ten premio.
- Outubro 21: A restauración de Arturo Franco dunha corte do Fieiro percorre o mundo.
- Maio 21: Rosa Facal: “Malamente imos poder mellorar ou conservar o que temos se non o valoramos”.
- Xaneiro 21: O Centro Social de Cornido, mención especial dos Premios do CSCEA.
- Novembro 18: Unha vivenda ceense de Juan Creus e Covadonga Carrasco, premiada pola Fundación Juana de Vega.
- Agosto 16: A casa Chao recibe o premio de arquitectura e rehabilitación de Galicia.