Casa Elías, a rehabilitación do Hospital de peregrinos de Corcubión tamén ten premio

Novo recoñecemento arquitectónico para os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco. A Fundación Juana de Vega vén de condeder un accésit do seu Premio de Intervencións na Paisaxe aos arquitectos ceenses pola rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Corcubión.
Trátase ademais da recuperación dun edificio histórico, unha casa do século XV, que pasou de ser hospital de peregrinos a polvorín na batalla contra os franceses. O xurado salientou ”o coidadoso acabado da obra, adaptando as solucións técnicas á realidade dunha casa do século XV, mellorando a funcionalidade e a sostibilidade, engadindo pequenos detalles de carpintería e respectando a tipoloxía da fachada”. Valora a iluminación natural que entra a través da creación dun patio interior ao ter unhas fiestras moi pequenas. Ademais, a rehabilitación foi moi respectuosa co casco vello de Corcubión, co que se integra perfectamente.
Outros premios
O premio os arquitectos Álvaro Marín Durán e Alfonso Castro pola construción denominada “Surf House”, no lugar de Fieiros. O outro accésit foi para Ángel Santorio Cuartero por unha vivenda en Fortiñón – Saiáns, en Vigo. Tamén se destacou cunha mención especial o proxecto de Cecilia López Muiños, Juanjo Otero e Luis Ángel López, que recuperaron unha casa incendiada no Lugar de Saa en Carballeda de Avia, en Ourense.
O Xurado
O xurado do certame estivo presidido polo prestixioso arquitecto portugués, experto en urbanismo e patrimonio, Gonçalo Bryne. Como secretario actuou o presidente da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, Pedro Calaza. Os vogais foron o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte; a decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia; o arquitecto especializado en arquitecto español especializado en arquitectura y urbanismo bioclimáticos Ginés Garrido; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, Plácido Lizancos; a experta en xestión cultural Rosario Sarmiento e a arquitecta experta en edificación e urbanismo Teresa Táboas.
Novas relacionadas
- Outubro 21: A restauración de Arturo Franco dunha corte do Fieiro percorre o mundo.
- Maio 21: Rosa Facal: “Malamente imos poder mellorar ou conservar o que temos se non o valoramos”.
- Xaneiro 21: O Centro Social de Cornido, mención especial dos Premios do CSCEA.
- Novembro 18: Unha vivenda ceense de Juan Creus e Covadonga Carrasco, premiada pola Fundación Juana de Vega.
- Agosto 16: A casa Chao recibe o premio de arquitectura e rehabilitación de Galicia.