As 11 autoras que dan a Volta a provincia coa Biblioteca Provincial

Vén de presentar a Deputación da Coruña, con motivo do mes da muller, unha mostra para coñecer a fondo o traballo das autoras e creadoras de toda a provincia, denominada “A volta á provincia en 52 autoras”. A exposición, que inclúe obras de 52 autoras do territorio da provincia, estará dispoñible no vestíbulo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante os meses de marzo, abril e maio.

A mostra sae da dunha publicación semanal que a Biblioteca Provincial veu realizando ao longo de 2023, unha cousa semellante á Galería Mulleres que veu realizando Viki Rivadulla na Biblioteca de Muxía durante 12 anos antes de ser silenciada dende o seu propio Concello.

Así, tomando as 52 semanas, facemos esta viaxe cultural pola provincial para “visibilizar a contribución dalgunhas das principais autoras da provincia da Coruña á nosa literatura”. Unha viaxe que ten 11 paradas na Costa da Morte:

Mar Llinares (Carnota)

Concha Blanco (Cee)

Branca Vilela (Fisterra)

Laura Suárez (Dumbría)

María Rei Vilas (A Laracha)

Marta Villar (Malpica)

Mª del Carmen Rey Núñez (Mazaricos)

Ánxela Lema París (Muros)

Diana Varela Puñal (Ponteceso)

Rosalía Fdez. Rial (Carballo)

Carmen Blanco Ramos (Santa Comba).

Podedes descargar aquí a guía e ver a través deste mapa virtual:

Máis novas do 8M