Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía cumple 12 anos lembrando a historia muller a muller con Bell Hooks

Tráenos Viki Rivadulla, para celebrar o 12 aniversario desta singradura histórica da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, unha escritora, educadora, feminista e activista social estadounidense: Bell Hooks (Kentucky, 1952- Berea, 2021).

Bell Hooks na GaLERIA MULLERES DE MUXIA
A Galería Mulleres de Muxía cumple 12 anos lembrando a historia muller a muller con Bell Hooks

O seu nome era Gloria Jean Watkins, pero asinaba como bell hooks, nome que toma da súa avoa para honrar a herdanza feminina e escríbeo en minúsculas para remarcar que o importante non radica en quen é, senón nas súas palabras. É unha forma de cuestionar ao sistema xa desde o seu mesmo nome.

Bell estuda a interseccionalidade é dicir, o recoñecemento das diversas realidades discriminatorias, tales como o sexismo, racismo e as clases sociais. Dedicou boa parte da súa carreira ao feminismo interseccional: explicar que a loita da muller non pode separarse da loita contra o racismo e o capitalismo , xa que as opresións ás mulleres son múltiples e as solucións máis complexas que as que propoñía o feminismo burgués e branco da segunda metade do século XX. Escribe sobre como a loita da muller negra debe ser visible dentro do feminismo.

Naceu nunha época en que as leis racistas aínda imperaban. Empezou moi nena a interesarse pola lectura e a escrita. Foi á Universidade de Stanford, onde se graduou en literatura inglesa, e logo fixo un doutoramento.

Publicou máis de 40 libros e numerosos artigos académicos, apareceu en documentais e participou en conferencias públicas. Ocupouse da raza, a clase e o xénero na educación, a arte, a historia, a sexualidade, os medios de comunicación e o feminismo. En 2014, fundou o Instituto bell hooks en Berea, Kentucky, organismo que promove a fin dos sistemas de dominación e opresión.

É unha das intelectuais máis importantes no feminismo, unha autora de referencia e a súa lectura é obrigada para quen queira achegarse ao feminismo actual. Algunhas das súas obras : “Non son eu unha muller? Mulleres negras e feminismo”, “Todo sobre o amor”, “Ensinar a transgredir”, “Teoría feminista: das marxes ao centro”, “O desexo de cambiar: homes, masculinidade e amor”, “Afán. Raza, xénero e política cultural” “O feminismo é para todo o mundo”.

12 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios