2.000 nenos de toda a Costa da Morte achéganse ao mar a través do surfing
Por quinta tempada consecutiva os escolares da provincia da Coruña participan no proxecto deportivo-educativo Aprende a través do Surfing, desenvolto pola asociación medioambiental sen ánimo de lucro Surf and Clean en parcería coa Federación Galega de Surf e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia (Xogade), Ecovidrio, MSC Pesca Sostible e tamén dos concellos onde se realizan as actividades.
10 concellos da provincia (ademais de Valdoviño, participan os concellos de A Laracha, Camariñas, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Muxía, Fisterra) apostaron por esta singular actividade de achegamento ao mar, de concienciación de respecto pola nosa natureza, e de fomento de hábitos de vida saudable.
Foron case 2.000 nen@s, dende Infantil a Bacharelato, de 42 centros educativos de 10 concellos os que, xogando "A través do Surfing", coidaron o seu vínculo coa mar, e aprenderon a valorar a contorna.
caracterización do lixo mariño
Sobre Aprende a través do surfing en Galicia
Aprende a través do surfing é unha comunidade conformada por unha asociación sin ánimo de lucro galega Surf and Clean a Federación Galega de surf, 11 escolas de surf habilitadas para impartir o proxecto: Caión Surf House, Boaola Surf Escola, Art Surfcamp, Paua Surf, One Surf Academy, Ubuntulife, Surf Costa da Morte, Narea Surf Escola, Asolas no puntal, Zorlak surf escola e Valdo surf school.
A iniciativa desenvólvese tamén a nivel nacional en Andalucía, Illa de Menorca, Asturias e Castellón.
Máis novas